Concello de O Páramo

Para disfrutar do rural...visita O Páramo

 

Inicio Saúda Alcalde Oficina Virtual Contacta Novas

 

 

 

Benvido á Oficina Virtual do noso Concello

 

 

 

Actas Plenos
Bandos

Ordenanzas

e

Leis

 

 

Aquí poderás consultar as ordenanzas municipais, informarte sobre os procedementos que podes tramitar no Concello e os impresos necesarios para presentar nas oficinas municipais.

 

TRAMITES E IMPRESOS

Ficha-esquema dos trámites máis comúns a realizar nas oficinas municipais, requisitos, documentación necesaria

 

AXUDA A COMISIÓN DE FESTAS

 

O concello de O Páramo, previa solicitude e presentación do correspondente xustificante de celebración das festas patronais, concede a asociación de Festas de cada parroquia, a excepción de Saá e Friolfe, unha axuda económica polo importe de 250,00 €.

Os interesados deberán aportar:

- Solicitude do interesado

- Xustificante da celebración da festa

- Número de conta bancaria (20 díxitos)

Descarga modelo de solicitude

 

 

RELACIONADAS COAS OBRAS E ACTIVIDADES

Licencia de obras menores

DESCRICION:

Son obras "menores" aquelas obras e instalacions de tecnica simple e escasa entidade construtiva e economica que non suponan alteracion do volume, do uso, das instalacions e servicios de uso comun ou o numero de vivendas e locais, nin afecten ao deseno exterior, a cimentacion, a estrutura ou as condicions de habitabilidade ou seguridade dos edificios ou instalacions de toda clase.

NECESITASE:

Instancia subscrita polo promotor, indicando a identificacion do mesmo, e polo tecnico ou tecnicos directores da obra, aceptando a direccion das mesmas. Descricion das obras. Plano de situacion. Presuposto das obras a realizar. Satisfacer a taxa correspondente e o imposto de construccion.

ONDE SE TRAMITA:

As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atencion o publico: De 9,30 a 15,00 horas de luns a sábado.

Descarga modelo de solicitude

 

Licencia de obras maiores

DESCRICION:

Calquera acto de edificacion e uso do solo esta suxeito a previa licencia urbanistica, que se outorga de acordo cas previsions da Lexislacion e o Plan Xeral de Ordenacion Municipal. Entendense por "maiores", as obras que son de nova planta, de ampliacion, de reconstruccion, reestructuracion e demolicion, ademais das intervencions en edificios catalogados.

Tamen as parcelacions urbanisticas, os muros de contencion, as intervencions en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terras.

NECESITASE:

Ademais da instancia subscrita polo promotor, indicando os datos de identificacion do mesmo, e o tecnico ou tecnicos directores da obra, aceptando a direccion das mesmas, debera presentar a seguinte documentacion:

 Cuestionario de Estatistica de Edificacion e Vivenda.
 Proxecto basico por duplicado e visado polo colexio oficial correspondente.

Antes de iniciar as obras, o promotor debera aportar un exemplar do proxecto de execucion, visado polo colexio correspondente, o ultimo recibo do IAE do constructor, e o estudio de Seguridade. Tamen debera satisfacer a taxa correspondente e o imposto de construccions.

ONDE SE TRAMITA:

As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atencion o publico: De 9,30 a 15,00 horas de luns a sábado.

Descarga modelo solicitude

 

Licencia de apertura de actividades clasificadas

DESCRICION:

Estan suxeitas a licencia municipal de apertura de actividades clasificadas os establecementos industriais e mercantis cualificados como molestos, insalubres, nocivos e perigosos, asi como os locais e recintos destinados a espectaculos publicos ou recreativos.

 Por molestas se entenden as actividades que constituen unha incomodidade polos ruidos ou vibracions, e tamen polos fumes, gases ou substancias en suspension que producen.
 Son insalubres as actividades que dan lugar a evacuacion de productos que poden ser prexudiciais para a saude humana, tanto directa coma indirectamente.
 Son nocivas as que, polas mesmas causas que as insalubres, poden causar danos na riqueza agricola, forestal, pecuaria ou piscicola.
 E son perigosas aquelas nas que se fabrica, manipula, expende ou almacena productos que xeran riscos graves de explosion, combustion ou radiacion sobre persoas e bens.

NECESITASE:

Este tipo de licencias tenen un rexime especial e o seu outorgamento realizase conforme a normativa do Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas.

Para a sua tramitacion necesitase:

.- Solicitude segundo o modelo normalizado.
.- Proxectos tecnicos, por triplicado.
.- Fotocopia do DNI.
.- Fotocopia do NIF do titular da actividade (no caso de persoas xuridicas, aportarase o NIF da mesma e o do administrador).
.- Fotocopia de escritura de constitucion da sociedade (no caso de persoas xuridicas).
.- Cuestionario de estatistica de edificacion e vivenda

ONDE SE TRAMITA:

As instancias presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atencion o publico: De 9,30 a 15,00 horas de luns a sábado.

MODELO SOLICITUDE LICENZA DE APERTURA

MODELO SOLICITUDE LICENZA DEFINITIVA

 

 

RELACIONADAS CO ABASTECEMENTO DE AUGA E RECOLLIDA DE LIXO

Alta no abastecemento de auga

Alta no servizo de recollida do lixo

 

RELACIONADAS CON VEHÍCULOS

Exención no imposto de vehículos por minusvalía

DESCRICION:

E unha exclusion do pagamento do imposto municipal de circulacion de vehiculos de traccion mecanica que beneficia a todas aquelas persoas con minusvalias ou discapacidades fisicas reconecidas oficialmente e posuen un vehiculo adaptado para a sua conduccion ou ben un coche propio de minusvalido.

QUEN PODE SOLICITAR:

 Todalas persoas con minusvalia en grado igual ou superior ao 33%, sempre que os vehiculos esten matriculados ao seu nome (para o seu uso exclusivo). A exencion aplicarase tanto aos vehiculos conducidos por persoas con discapacidade como os destinados ao seu transporte.
 En calquera caso, todolos beneficiarios de esta exencion non poderan disfrutala por mais dun vehiculo simultaneamente.

NECESITASE:

Os interesados teran que instar a sua solicitude, achegando a seguinte documentacion:
 Permiso de circulacion do vehiculo.
 Ficha tecnica.
 Certificado de minusvalia expedido polo Inserso.
 Carne de conducir.
 Fotocopia do DNI.

ONDE SE TRAMITA:

As solicitudes presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atencion o publico: De 9,30 a 14,30 horas.

Descarga modelo solicitude

 

Exención no imposto de vehículos por histórico (+25 anos)

DESCRICION:

E unha bonificacion recollida na ordenanza fiscal I.V.T.M. (imposto vehiculos de traccion mecanica) deste concello, que supon un 100% de bonificacion sobre a cota do imposto de vehiculos de traccion mecanica para os vehiculos historicos ou aqueles que tenan unha antiguidade minima de 25 anos contados a partir da data da sua fabricacion ou, se esta non se conecese, tomando como tal a da sua primeira matriculacion ou, no seu defecto, a data no que o correspondente tipo ou variante se deixase de fabricar.

OBRIGADOS AO PAGO:

As persoas fisicas ou xuridicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a nome de quen conste o vehiculo no permiso de circulacion.

NECESITASE:

Presentar a correspondente solicitude.
Ficha tecnica.
Permiso de circulacion.
D.N.I. do solicitante.
Permiso de conduccion.

ONDE SE TRAMITA:

As solicitudes presentaranse no rexistro das oficinas xerais do Concello, Casa do Concello, segunda planta.

Horario de atencion o publico: De 9,30 a 14,30 horas de luns a venres.

Descarga modelo solicitude

 

RELACIONADAS CON ORDENANZAS

Ordenanza tarxeta estacionamento persoas con minusvalía

ORDENANZA REGULADORA DA EXPEDICION DAS TARXETAS DE ACCESIBILIDADE E TARXETAS DE ESTACIONAMENTO PARA PERSOAS CON MINUSVALIA:_

Artigo 1.- Obxecto.- Ten por obxecto a presente ordenanza a regulacion a nivel municipal da expedicion da tarxeta de estacionamento para persoas con minusvalia e de accesibilidade de usuarios previstas nos artigos 27 e seguintes da Lei 8/97 de 20 de agosto de Accesibilidade e Supresion de Barreiras na Comunidade Autonoma de Galicia e nos seguintes artigos 50,51,52 e 53 do Decreto 35/2000 de 28 de xaneiro, polo que se aproba respectivamente o regulamento de desenvolvemento e execucion da Lei antes citada, co fin de favorece-lo uso dos transportes privados por persoas con graves problemas de mobilidade e para que o seu titular poida disfrutar de facilidades de estacionamento, e como documento acreditativo da situacion de discapacidade en orde a favorecer o uso e disfrute do transporte.

Artigo 2.- Beneficiarios.- 1. Poderan ser beneficiarios da tarxeta de estacionamento con caracter persoal e intransferible, aquelas persoas con minusvalia que tenan reconecida a imposibilidade de uso do transporte publico polo Equipo de Valoracion e Orientacion (EVO), dependentes das seccions de calificacion e valoracion de minusvalias da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

2.- Teran dereito a expedicion da tarxeta de accesibilidade aqueles interesados os que se lles expedira certificado de minusvalia, polos equipos de valoracion e orientacion, dependentes das seccions de calificacion e valoracion de minusvalias.

Artigo 3. Solicitudes.- Presentaranse segundo modelo oficial nas Dependencias Municipais, acompanando a seguinte documentacion:

-Fotocopia do D.N.I.
-Certificado de Minusvalia.
-Duas fotografias tamano carnet.
-Certificado de empadroamento.

Artigo 4.- Dereitos derivados das tarxetas

1.- A titularidade da tarxeta de estacionamento da dereito a: autorizacion para que os vehiculos ocupados por ditas persoas poidan deterse na via publica durante o tempo imprescindible e sempre que non entorpezan a circulacion rodada ou peatonal.
2.- A Tarxeta de accesibilidade de usuarios dara dereito o seu titular a disfrutar dos beneficios a que se refire a Lei e o Regulamento anteriormente citados.

Artigo 5.- Modalidades da tarxeta de estacionamento.-Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa fisica, podera utilizala en calquera vehiculo no que se traslade, sexa ou non da sua propiedade, e sexa o titular da tarxeta o conductor do vehiculo ou non.
Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xuridica debera inclui-la matricula ou matriculas dos vehiculos habilitados para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade.
Cano se faga uso dos dereitos que confire esta tarxeta, esta colocarase na parte interior do parabrisas dianteiro de forma que resulte claramente visible dende o exterior.
O modelo de tarxeta axustarase as caracteristicas sinaladas no anexo III do Regulamento, que se establece no Decreto 35/2000 do 28 de xaneiro, da Conselleraia de Sanidade e Servicios Sociais.

Artigo 6.- Expedicion de Tarxetas.- O expediente iniciarase a instancia da persoa interesada. O Concello de O Paramo, remitira copia da solicitude o Equipo de Valoracion e Orientacion (EVO) da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar, no caso de que no certificado de minusvalia non venan recollidas especificamente as dificultades para uso de transporte colectivo. Neste caso, o informe que emitan o respecto, e sera vinculante para a sua Concesion ou Denegacion a Xunta de Goberno Local.

As tarxetas de accesibilidade concedidas polo Concello teran validez en todo o territorio da Comunidade Autonoma de Galicia. En caso de cambio de enderezo do beneficiario dunha tarxeta de accesibilidade debera solicita-lo traslado do expediente o novo municipio de residencia.

En caso de que a calificacion da minusvalia sexa permanente, a tarxeta caducara os dez anos da concesion, e en caso de que a calificacion da minusvalia sexa provisional, caducara cando remate o prazo que esta indique.
Para a renovacion seguirase o mesmo procedemento que para a concesion inicial.

Artigo 7.- Rexime sancionador.- No suposto de que se detecte o uso indebido da tarxeta de estacionamento de maneira reiterada e debidamente probada, a citada tarxeta sera retirada durante un prazo de dous anos, debendo o interesado volver inicia-lo procedemento para a sua nova expedicion.

DISPOSICION FINAL.- A presente ordenanza entrara en vigor unha vez fora publicada integramente no B.O.P. e transcurrido o prazo de 15 dias previsto no artigo 65.2? da Lei 7/85, sendo de aplicacion a partir dese mesmo dia ata a sua derogacion ou modificacion expresa.

NOTA.- Estas tarxetas seran expedidas soamente as persoas con residencia neste Concello, de Acordo co Decreto 35/2000 do 28 de xaneiro de 2000 (D.O..G.29-02-2000).

Descarga Solicitude Tarxeta Estacionamento

 

Ordenanza prantacións forestais

ORDENANZA NON FISCAL SOBRE LIMITACIÓN DE PRANTACIONS ARBÓREAS,O SEU APROVEITAMENTO E EXPLOTACIÓN, NO MUNICIPIO DE O PARAMO.-

Descarga-lo modelo de ordenanza

 

Ordenanza Rexistro parellas de feito

 

Exposición de motivos

Na sociedade actual, moitas persoas constitúen unidades de relación afectiva de carácter estable sen chegar a formalizalas nun contrato matrimonial, unións que dan lugar a verdadeiros núcleos familiares non suxeitos actualmente a ningunha regulación xurídica, máis alá da interpretación que os xuíces e tribunais formulen naqueles casos nos que o desamparo do dereito produce a xudicialización dos conflitos. Xurdiu así nos últimos anos unha inquedanza social respecto a que as parellas de feito vexan garantido o seu dereito á non discriminación social en base ao que establece o artigo 14 da Constitución.

De conformidade co disposto nos artigos 1.1º, 9.2º, 10.1º e 14 da Constitución o libre desenvolvemento da personalidade e da igualdade ante a Lei, constitúen principios fundamentais do noso ordenamento xurídico e social, e demandan de todos os poderes públicos a promoción das condicións para que esta liberdade e igualdade dos cidadáns e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, debendo eliminarse os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude.

 A esixencia constitucional da igualdade e liberdade está dirixida a todos os poderes públicos e por isto, mentres non se promulguen as disposicións legais pertinentes e sen prexuízo da aplicación analóxica ou dunha interpretación xudicial adecuada á realidade social dos nosos tempos (art. 3.1 do Código Civil), parece axeitado intentar ofrecer, incluso no reducido ámbito da administración municipal, un instrumento xurídico que favoreza a igualdade e garanta a protección social económica e xurídica das familias constituídas mediante unións non matrimoniais, con independencia da súa orientación sexual.

Por todo isto, coa finalidade de que poida quedar constancia no ámbito da administración municipal, tanto para os efectos de inscrición no Padrón Municipal de Habitantes como do resto de asuntos e servizos a cargo deste Concello, sen prexuízo doutras finalidades que poidan considerarse lexítimas e sen que en ningún caso isto poida representar alteración ou intromisión nas competencias que poidan corresponder a outros organismos ou rexistros públicos, apróbase o seguinte

REGULAMENTO:

Artigo 1º.- Carácter e ámbito de aplicación.- No Concello de O PÁRAMO créase un Rexistro Municipal de Parellas de Feito, de carácter administrativo, no que se poderán inscribir, de xeito totalmente voluntario, as unións de convivencia non matrimonial, con independencia da súa orientación sexual, do xeito e cos requisitos establecidos no presente regulamento.

Artigo 2º.- Terán a consideración de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expresando a vontade de equiparar os seus efectos aos do
matrimonio.

Non poden constituír parellas de feito:

a) Os parentes en liña recta por consanguinidade ou adopción.
b) Os colaterais por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grado.
c) Os que estean ligados por matrimonio ou formen parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.

Artigo 3º.- Requisitos persoais.- Poderán solicitar a inscrición no Rexistro de Parellas de Feito do Concello de O PARAMO, aquelas persoas que convivan en parella por libre e pleno consentimento, que teñan constituída unha unión de feito de convivencia non matrimonial, dun xeito libre, público e notorio, vinculadas dun xeito estable, entre
parellas, con independencia da orientación sexual, por existir unha relación de afectividade.

Inscribiranse as solicitadas en instancia subscrita polos dous membros da unión e tras a declaración formal respecto da existencia da unión realizada en comparecencia persoal e conxunta ante o/a Secretario/a do Concello, ou do/a funcionario/a encargado/a, que actuará por delegación deste, unha vez que se complete o expediente contraditorio regulado no presente, con resolución favorable á inscrición solicitada.

A solicitude e declaración formalizaranse en modelos normalizados que figuran como anexo ao presente regulamento.

Os membros da unión de feito poderán establecer validamente en escritura pública os pactos que consideren convenientes para rexer as súas relacións económicas durante a convivencia e para liquidalas tras a súa extinción, sempre que non sexan contrarios ás leis, limitativos da igualdade de dereitos que corresponden a cada convivente ou gravemente prexudiciais para cada un deles.

Serán nulos os pactos que contraveñan a anterior prohibición.

A anotación farase en extracto, facendo referencia ao soporte documental e ao expediente administrativo da unión, arquivándose un exemplar do convenio.

Artigo 4º.- Tramitación do expediente contraditorio.- A solicitude de inscrición dirixirase ao Sr. Alcalde-Presidente consonte ao modelo que figura como anexo, na que se mencionará:

- Nome, apelidos, lugar de nacemento, estado civil, enderezo, número de DNI de ambos, que constitúen unha parella de feito nos termos previstos no presente Regulamento.
- Que son maiores de idade ou menores emancipados. A acreditación farase coa fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou documentos acreditativos da emancipación, de conformidade co establecido no artigo 314 e seguintes do Código Civil.
- Que non foron declarados incapacitados, nin están incursos nas prohibicións recollidas nos artigos 46 e 47 do Código Civil.
- Que están empadroados no Concello de O PÁRAMO; acreditarase mediante certificado de empadroamento, que se incorporará de oficio, unha vez presentada a solicitude de inscrición e comprobado este dato polo responsable do Padrón Municipal.
- Que non están ligados por vínculo matrimonial anterior, ou inscritos como membros doutras unións de feito non canceladas.
- Que non teñen parentesco por consanguinidade ou adopción, en liña recta ou colateral ata o terceiro grado.
- Mencionarase se existe convenio regulador das relacións persoais ou patrimoniais que pretendan reflectir na inscrición.

A solicitude de inscrición acompañarase da seguinte documentación:

- Copia autenticada dos seus documentos de identidade.
- Certificado ou fe de vida e estado civil das persoas interesadas.
- Declaración responsable de cada un dos membros da parella de non figurar como membros doutras unións de feito non canceladas, así como de non estar unidos por vínculo matrimonial.
- Declaración responsable de non ter parentesco por consanguinidade ou adopción en liña recta ou en liña colateral dentro do terceiro grado.
- No seu caso, certificación literal dos asentos do Rexistro de Parellas de Feito do Concello onde figurara con anterioridade inscrita a unión de feito.
- Declaración responsable realizada en comparecencia persoal e conxunta da existencia efectiva da unión de feito, pública, estable e ininterrompida por un período de polo menos tres meses inmediatamente anteriores, avalada por dúas testemuñas maiores de idade, en pleno exercicio dos seus dereitos civís.
- No caso de solicitarse inscrición de convenio regulador das súas relacións persoais e patrimoniais, acompañarase un orixinal ou copia autenticada do devandito convenio.

O Alcalde - Presidente será o órgano competente para resolver sobre calquera tipo de inscrición que se pretenda efectuar no rexistro así como para a regulación do acceso, rectificación e cancelación dos datos cando proceda.

Unha vez presentada a solicitude, a emenda da falta de documentación, a instrucción, suspensión e resolución do expediente, rexerase polo establecido na vixente lexislación de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común.

As resolucións que se diten relativas á inscrición, modificación ou extinción, así como as de inscricións de actos complementarios, adoptaranse no prazo máximo dun mes, a partir da data de rexistro de entrada da última documentación incorporada polos interesados ao expediente; transcorrido o prazo, sen que se tivera ditado resolución,
entenderase desestimada por silencio administrativo.

Artigo 4º.- Do rexistro.- O rexistro materializarase nun Libro Xeral a cargo da Secretaría do Concello, no que se practicarán as inscricións e anotacións das parellas de feito do Concello de O PÁRAMO previstas no presente Regulamento. Este libro estará formado por follas móbiles, segundo o modelo que figura como anexo ao presente regulamento, foliadas e seladas e encabezarase e rematará coas correspondentes dilixencias de apertura e peche.

A primeira inscrición de cada parella terá o carácter de inscrición principal e á marxe desta anotarase o número das páxinas do Libro Xeral nas que existan anotacións que lles afecten.

Artigo 5º.- Modificacións.- Calquera modificación posterior dos datos inscritos en canto ao convenio e feitos ou circunstancias, deberase efectuar mediante comparecencia persoal e conxunta dos membros da unión de convivencia non matrimonial.

Artigo 6º.- Extinción e cancelación.- A extinción da unión de feito poderá ser polos motivos seguintes:

- Mutuo acordo.
- Vontade unilateral dun dos membros da parella para o cal é necesario o feito de que estea en coñecemento da outra parte, ben previa audiencia do outro, ou ben demostrando o abandono efectivo da convivencia en parella a través de documentos que o acrediten (baixa no padrón, cambio de enderezo ou acta notarial).
- Morte ou declaración de falecemento dalgúns dos seus membros.
- Matrimonio dalgún dos membros.
Tamén procederá a baixa cando por traslado do enderezo habitual, ningún dos membros da parella de feito estea empadroado no Concello de O PÁRAMO.

Os membros da parella de feito están obrigados a solicitar a cancelación da inscrición no Rexistro Municipal de Parellas de Feito deste Concello cando concorran calquera das causas que dan lugar a extinción da unión.
 
A declaración da extinción da unión producirá a cancelación das inscricións practicadas.

Art. 7.- Publicidade.- O Rexistro de Unión de Parellas de Feito do Concello de O PÁRAMO, estará a cargo da Secretaría Xeral do Concello. Co fin de garantir a intimidade persoal e familiar dos inscritos no Rexistro, non se lle dará ningunha publicidade ao contido dos asentos, agás as certificacións que expida a Secretaría Xeral do Concello a instancias, exclusivamente, de calquera dos membros da unión de feito interesados ou de xuíces e tribunais de xustiza, así como a cesión de datos a outras administracións públicas para o desempeño das súas atribucións ou con fins estatísticos, de conformidade co establecido na lexislación vixente.

Artigo 8º.- Gratuidade.- As inscricións serán gratuítas, así como as modificacións, renovacións ou baixas.

Artigo 9º.- Da coordinación con outros rexistros. As inscricións de parellas de feito practicadas nos rexistros municipais de parellas ou unións de feito naqueles concellos que contasen cun rexistro deste tipo terán acceso ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, sempre que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola
disposición adicional 3ª da Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia e o artigo 5 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

Os rexistros municipais deberán comunicarlle ao Rexistro de Parellas de Feito de Galicia as inscricións practicadas, con indicación dos pactos subscritos polos membros da parella, así como as cancelacións das inscricións practicadas ou as modificacións que afecten ao enderezo da parella ou aos pactos.

A remisión feita polo Concello deberá contar co consentimento previo e expreso de ambos os integrantes da parella.

Os Concellos deberán remitir unha copia daquela parte do expediente que resulte necesaria e suficiente para proceder á inscrición da parella, con inclusión do consentimento expreso ou manifestación do encargado ou encargada do rexistro municipal de que ambos os membros da parella consentiron ante o dito rexistro municipal.

En todo caso, a constitución da parella de feito só se entenderá efectuada a partir da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

 

- Modelo de solicitude inscrición no rexistro parellas de feito

- Modelo Declaración responsable

- Folla inscripción parellas de feito

 

 

 

 

 


 

 

 
 

Concello de O Páramo

Torre nº 1

27363.- O Páramo (Lugo)

Tfno/Fax:982/53.91.56

mail:concello.oparamo@eidolocal.es