Concello de O Páramo

Para disfrutar do rural...visita O Páramo

 

Inicio Saúda Alcalde Oficina Virtual Contacta Novas

 

O CONCELLO

Saúda Alcalde

Como Chegar

Historia

Xeografía

Poboación

Recuchos de Interés

Escudo e Bandeira

Corporación

Album Fotos

Asociacións

Links e Tfnos.

Tus links

Links de interés

 

 

SAÚDA DO ALCALDE

 

Amigos/as navegantes:

 

É para min unha honra saúdalos dende O Páramo, en pleno corazón do interior da provincia de Lugo, e darlles a coñecer a través da rede a cultura, monumentos, historia, xeografía etc... deste maravilloso Concello.

 

Agradecemos que seleccionasen a nosa Web e invitámoslles a coñecer un pouquiño máis o noso municipio, un lugar onde poderán comprobar que dende e súa ubicación ata as súas xentes, caracterizadas pola súa amabilidade e simpatía, fan desta localidade un lugar de añoranza para todos aqueles que nos visitasen persoalmente.

 

O Páramo é un deses lugares onde a natureza e o home foron capaces de crear e conservar un sin número de recursos, un lugar onde descubrirá que descansar é doado, a través de espacios de beleza regados por importantes ríos e abundante natureza, onde se pode disfrutar de tradicionais festas, onde o comer, máis que unha necesidade se converte nun placer e onde a luz e o home fan que cada día sexa diferente e maravilloso.

 

Non hai maior orgullo para un Alcalde que presenta-las belezas do seu pobo e invitar a todos/as a visitalo e, si así o desexan, quedarse connosco, xa que no Páramo ninguén se sinte extraño.

 

Por último e en nome dos meus concidadáns soamente me resta invitalos a que nos visiten, posto que a bon seguro non se verán defraudados.

 

Esperámosvos

 

Gumersindo A. Rguez. Liz

 

 

Onde atoparnos

 

O tempo no Páramo

 
 

Concello de O Páramo

Torre nº 1

27363.- O Páramo (Lugo)