Diferéncianse claramente dúas unidades de relieve:
- A parte norte do municipio que unha zoa de pouca altitude, con un relieve monótono e cuio pico máis alto é o Pico Grande con 443 metros.
- Na parte sur apreciánse as primeiras elevacións da Serra do Páramo (881 m ), que forma parte do sistema de bloques graníticos que separan a cuenca de Sarria da depresión de Monforte). A serra do Páramo estendese do suroeste o nordeste e nela encontranse as primeiras elevacións do municipio, o Monte do Páramo con 876 metros, o Monte Maior con 792 metros e o Monte Novo con 604 metros.
A actual chaira de Lugo, como o conxunto do NO da península Ibérica, aséntase sobre terreos moi antigos precámbricos nuns poucos casos formados o longo da era primaria a maioria. Experimentaron unha dilatada evolución xeolóxica dende aquela, na que foi fundamental a oroxenía herciana primeiro e a oroxenía alpina máis recentemente.
Os materiais que predominan non substrato de rochas son fundamentalmente diversos, tipos de lousa ou xisto entre os cales afloran algúns macizos graníticos e bandas máis estreitas de diversas rochas ( cuarcita, pedra de granito, incluso nalgúns lugares rocha calcárea)
Son materiais todos eles de orixe xeolóxica moi antiga. No fondo dalgunhas de presións tectónicas ( A terra Cha oriental, Sarria, Monforte, etc.) Son abundantes os materiais sedimentarios ( distintos tipos de area,de arxila, etc.) de orixe terciaria; e nalgúns lugares e especialmente en determinados sectores de fondo val, abundan os depósitos aluviais bastante recentes ( cuaternarios).
Pero os máis frecuentes son os macizos graníticos ligados dende a orixe a oroxenía herciana. Destacan dentro do manto de Mondoñedo os dous situados inmediatamente o leste e o oeste da cidade de Lugo:
- Primeiro, macizo granítico Lugo-Castroverde
- Segundo,ó outro lado do Miño, coñecido como o macizo de Ombreiro.
- Terceiro, o de Sarria- Pobra de San Xiao, situado na zona do Páramo e na parte occidental no concello de Sarria.
O leste do Miño, nos concellos do Páramo, de Paradela e no estremo occidental de Sarria encóntranse auténticos macizos montañosos como a denominada Serra do Páramo, entre este concello e o de Sarria ( a culminación o monte do Páramo de 876m.)
As rochas máis antigas deste concello son metapelitas precámbricas e cámbricas nas cales hai magmas granodiorítas e graníticas, durante a oroxénesis heránica formando plutóns que hoxe en día se ven na maioría da superficie do término municipal de O Páramo.
No estremo suroeste encontrase unha serie de rochas precámbricas e cámbricas ( pizarras, cuarzitas e dolomías ) mentres que os montes da serra do Páramo destacan por ser granodioritas e granitos.
2. Rede Fluvial:
Os numerosos cursos de auga que cruzan o interior de Lugo labraron vales máis ou menos ampros : cando nacen nos montes exteriores, as cabeceiras dos tramos iniciais adoitan encaixar profundamente neles; en calquera caso, contribuen a degradar os distintos niveis das superficies de aplanamento nas que trazan vales de vertentes suaves, en xeral pouco profundos, e divagan sen ocasionar apenas polo fondo das depresión terciarias.
O Páramo encóntrase organizado entorno o río Miño, límite natural do Municipio cos veciños concellos de Portomarín e Guntín. O seu afluente o río Neira, marca o límite septentrional, e é o segundo curso fluvial máis importante destas terras. Destacan dous ríos neste concello o Miño e o Neira, os demáis son de pouca importancia o Sarria que o baña nunha corta extensión polo Norte.
3.- Clima
O clima de Páramo presenta as características propias do interior lucense, do cal acabamos de falar, pertenece á variedade oceánica con tendencia á continentalización, con invernos frescos e veráns suaves, cunha temperatura media anual de 12º, con mínimas en Xaneiro de 6º a 7º e máximas en Agosto de 18º y 19º. Cunha amplitude térmica anual de casi 13ºC.
As precipitacións son abundantes con algo más de 1000 mm anuais, sendo Decembro e Xaneiro os meses más húmedos, mentras que Xullo e Agosto son os máis secos do ano.